O Concello de Cuntis gastou 52041,80 euros durante o ano 2019 en pagos a medios de comunicación

O gasto en propaganda e autobombo que realiza o Goberno Municipal de Cuntis mediante o pago a empresas e medios de comunicación é absolutamente excesivo. Vímolo denunciando dende fai cando menos dous anos. A continua presenza mediática que os anuncios do Goberno Municipal teñen en xornais e medios responde a este exceso. Durante o ano 2018, Veciñanza solicitara formalmente, por rexistro municipal, unha relación das facturas e pagos realizados por este concepto. O Alcalde omitiu esa solicitude e ese informe nunca chegou, o que non deixa de ser un xeito de negarlle documentación á oposición. O que si recibimos foi, xa durante este ano 2020, a confirmación dende a Secretaría Municipal de que non existe ningún convenio, contrato ou acordo por escrito con ningún medio de comunicación, o que provoca que moitos dos pagos se fagan incumprindo a Lei de Cotratos Públicos, como así o demostra o feito de que a Intervención Municipal teña que emitir reparos sistematicamente para facturas que se pagan mensualmente sen contrato.

É importante recordar que estamos a falar dunha administración pública, que xestiona recursos públicos.

A opacidade nesta materia por parte do Goberno do PSOE de Cuntis obríganos a recontar unha a unha este tipo de facturas, para poder efectuar un rastrexo efectivo do montante deste gasto. Fixémolo coas facturas do ano 2018, previo ás eleccións municipais, e volvémolo facer coas do 2019, ano electoral.

No ano 2018, 22 medios ou empresas de comunicación cobraron do Concello de Cuntis a cantidade de 49.034’20 euros.

No ano 2019, esta cantidade ascendeu a 52041,80 euros, percibidos por 16 medios de comunicación.

A valoración do que supón este escándalo pódese comprobar se trazamos a comparativa con outras partidas que se dedican a actuacións moito máis importantes e necesarias. É tamén de lamentar a escasa repercusión que teñen estas cantidades, que unicamente se poden coñecer grazas ao traballo de Veciñanza. É entendible que haxa quen non se fie destas cantidades, pero por iso aplicamos o maior grao de transparencia posible, indicando exactamente datas, números de factura, conceptos e Decretos de Alcaldía mediante os cales se fai cada pago.

No ano 2018, 22 medios ou empresas de comunicación cobraron do Concello de Cuntis a cantidade de 49.034’20 euros.

No ano 2019, esta cantidade ascendeu a 52041,80 euros, percibidos por 16 medios de comunicación.

A publicación destes datos dificulta aínda máis a presenza mediática de Veciñanza, e polo tanto a visibilización do noso traballo. Non por iso imos deixar de denunciar o que representa un auténtico escándalo e un abuso de fondos públicos incomparable a outros concellos de dimensión semellante ao noso.

Pagarémolo coa peaxe do silenciamento, pero isto non nos calará.

Velaquí podes consultar tanto os datos de 2018, como os de 2019, e comprobar a que se debe a “boa prensa” da que goza un grupo de Goberno unipersoal que se caracteriza pola súa incapacidade e por sobrevivir grazas a grandes anuncios. Método que está tamén detrás dos resultados das eleccións municipais de 2019.

2018

2019

Share

Tamén pode gustarche...

1 resposta

  1. 30 Novembro, 2020

    […] súa aplicación. E mentres todo isto sucede, o gasto superfluo non cesa, nin tampouco en pandemia. Os 50.000 euros anuais en propaganda e autobombo, que poden parecer residuais, convértense en 200.000 nunha lexislatura, pero os resultados […]